viernes, 11 de diciembre de 2009

II Cea Os Busca-Cartos

Queridos peñistas:

Estiven pensado que xa que temos duas opcións para celebrar o cumple de Mato, unha delas podiamos aprobeitar e celebrar a 2ª cea da peña, pois como tiñamos ó 25 deste mes ou ó 2 do mes que ben, pois pensei que podiamos celebrar a cea o dia 2 porque iamos cear e despois ir de marcha, e o 25 celebralo cumple coma sempre, pero como isto nos compete a todos vou colocar unha enquisa para todos poidades votar e aqui deixedes os vosos comentarios.


Bicos pa tos

9 comentarios:

Dani dijo...

A ver logo, ti entón podes os dous dias non? Pois non sei, como queirades pero non sei se se farán moitas ceas porque este ano o meu cumple vai ser distinto, en plan cena fóra pois a parte do meu celebrase o cumple de Diego, Miguel (o meu colega de Arzúa) e se o facemos o día 2 tamén o de Micho que é o dia 4. Entón en caso de facer o da quiniela, habería cena o 24, 25, e o 26 tamén para algúns. En fin, o dito, como vexades, pero a decidirse que as fechas están aí, como a lotería, que non quero ser pesado, pero só faltan 11 días.
Ah! A túa señora ven ó cumple tamén non?

Parrich dijo...

A señora tamen ven si.

Pero logo este ano ides cambiar a forma de festexar o cumple?????
buuuuuu, non sei, pa min non seria o mesmo, pero irei de todos modos, pero haber, porque o ides facer distinto????
Por algun motivo en concreto???

Dani dijo...

Este ano é diferente porque eu sempre o celebrei eu solo. Dado que este ano nos xuntamos 3 ou 4 persoas podemos xuntar para pagar unha cea, algo que ata o de agora era imposible facer por min solo. Unha vez que se fai cena, eu creo que é máis cómodo ir fóra porque a min o de ter que andar a facer de comer sinceramente dame pereza. Xa sei que a ti non che gusta o tema de ir fóra e despois sair pero tamén xa vai sendo horas de ver unha operación sifón ou que? jeje. Sería un bó regalo para min ir todos xuntos de carallada como desgraciadamente fai moitos anos xa...

Parrich dijo...

Eu irei de todolos xeitos, pero a min o me mais me gustaba do teu cumple era estar todos xuntiños ata ás tantas celebrandoo, non ten porque ser ca play senon que tamen pode ser co party ou co tabú.
Pa min iso de sair o 25 pola noite non me ten nada de especial, pa min é coma un sabado normal.
E o conto da operación sifón xa quedou noutros tempos, eu agora xa son medio abstemio polo que espero non voltar ó lado escuro da movida nocturna. jejejeje.
o dito, facedeo como queirades que para algo é o voso cumple. :)

Dani dijo...

Bueno, entendo entón que queres o cumple o 25 e a quiniela o dia 2 non?
O do 25 se non recordo mal foi fai 4 ou 5 anos ou máis xa non sei, foi dos mellores da miña vida, foi o famoso dia das palomitas e cacahuetes cando deixei a marca no teito. Foi moi grande e foi saíndo de marcha, irrepetible seguro pero pode intentarse...
Saúdos.

Parrich dijo...

Como vexades, pero creo que son fases da vida, non digo nin peor nin mellor, pois ben sabedes que eu era o primeiro en apuntarme ás festas pero agora ás miñas preferencias son outras ben distintas, eu agora disfruto moito máis estando con vós en "privado" xogando a play, ó party ou as cartas ou contando contos.
Insisto en que non digo que sexa mellor ou peor, quero que quede ben claro para que ninguen se ofenda, pero eu irei ó que decidades vós, pois o teu cumple ben sabes que non mo perdo. ;)

Rivadulla dijo...

Hola Nenos!!Pois eu digo que xa q facemos cena dos dias, podiamos un dia facela nos e outro dia facela fora, a min dame igual o dia, pero podemos cenar fora o 25 e sair, e dia dous facer comilona e xuntanza ata as mil contando contos xogando e tamén se pode sair o final!!
En fin como quirades eu adaptome a todo o q me digades!!!

Besis

Parrich dijo...

Claro, era o que dixen eu na entrada un dia cear fora e outro na casa, pero se queredes sair ós dous dias, pois a min acheme sér abondo, que xa non vos estou pa estas cousas.jejejeje.
Podese celebrar o cumple fora e a cea da peña celebramola nunha das fincas e via, por iso non hai problema.

Dani dijo...

Pois xa está lojo! jeje. Os cumpreanos fanse o día 25 fóra e a da quiniela en plan xuntanza. Cando sepa lugar e hora xa o comunicarei.
Saúdos!