domingo, 16 de agosto de 2009

Melide fs: Boas sensacións!

Como no quiero perder tiempo os dejo la cronica del blog de Melide fs sobre el partido de presentación de ayer, donde hubo una buena entrada de público, lo cual es de agradecer! Por cierto, se aproxima una gran noticia para dentro de poco referido a la pretemporada, pero ya se dira, jeje, os dejo con la intriga:

"Este sabado as 20:00h o Jim Sports Melide Fs xogou o primeiro encontro da pretempada 09/10 fronte o Azkar Lugo B, e pese a que o resultado foi de 2-7 as sensacións foron relativamente boas posto que o resultado non e o importante.
O encontro comezou de xeito trepidante e mais ainda canto os dous minutos Fernando marcaba o primeiro gol para os locales. A partir do gol pouco a pouco o Azkar foi impoñendo o seu futbol sala, a sua mellor preparación fisica e sobre todo a sua estratexia na que claramente foi moi superior e pese o gran traballo de Cristian e de Guti os de Lugo foronse con un 1-3 no marcador o descanso.
A segunda metade seguiu a mesma tónica e pese a que en ningun momento perdemos a cara o encontro a brecha ia ampliandose ata o 1-7. O último gol do encontro foi de novo para o Melide Fs por medio de Iván que logo dunha parede con Borja Casal facía o 2-7 que sería definitivo. Ainda que todo o equipo fixo un gran encontro, eu destaco a un impresionante Cristian que fixo paradas incribles sobre todo na primeira parte.
A conclusión e que hai un gran plantel, moi amplio e con xogadores de corte moi diferenciado, asique os adestradores teñen moito donde elixir para facer distintos tipos de futbol sala.
A nota negativa puxoa Humberto que se lesionou, e que agardemos que se recupere o antes posible.
No capitulo de agradecementos, o primeiro hoxe creo que ten que ir para a nosa directiva e corpo técnico, que esta a facer un grandisimo traballo (moito e ben) e que igual que a veces se criticou falta de implicación, agora hai que alabarlles o mesmo e mais nestes tempos que non e nada doado ir pedir cartos para publicidade para que poidamos seguir xogando.
Tamén agradecer a toda a xente que se acercou ata o pavillon da martagona, que ainda que o comezo non eran demasiados o pouco de comezar o encontro achegaronse nun número importante. Agardemos seguir contando co seu apoio o longo da tempada.
Esta semana o clube tamen entregou a equipación para a vindeira tempada na que renova todo o vestiario. Polo tanto tamén se entregaron os novos dorsais que quedan asi: (1) Tapy, (2) Pistón, (3) Borja Peréz, (4) Diego, (5) Borja Casal, (6) Fernando, (7) Cris, (8) Sergi, (9) Manito, (10) Iván, (11) Manuel, (12) Bareto, (13) Cordido, (14) Humberto, (15) Kike, (16) Xurxo, (17) Carlos, (18) Guti, (19) Angel, e (23) Cristian.
O proximo partido será o vindeiro domingo as 18:00h en Trabada, fronte o Concello de Trabada, rival que esta unha categoria por encima nosa.
Un saúdo e encanto me pasen algunha foto ou video da presentación xa o colgarei"

P.D: ¡¡¡¡¡ENGANCHATE AL FUTBOL SALA!!!!!

3 comentarios:

gordo.escabron dijo...

pero non ia voltar riva?????

prosy dijo...

Si e logo? si é polas camisetas e o número non aparece pq empezou a entrenar por primeira vez o venres pasado, e cando se repartiron os números e a roupa ainda non fora!

Anónimo dijo...

aam.
Era por iso exactamente.