sábado, 18 de octubre de 2008

OS SETÉ PESÓS MAXICÓS

Queridos amigos:
A continuación paso a publicar aqui o que xa antes fora publicado no INTRES'98, debo dicir que o voltar a leer a historia, hai cousas que fan pasar algo de vergoña porque daquelas tiña gracia pero agora...... en fin, xa me diredes que vos parece e cando me volva apetecer colgarei a outra historia publicada 2 anos despois.


Kuka = Son goku
Amocachi = Vexeta
Prosy = Puar
Mato = Yancha
Lula = Mestre Mutenroy
Tin = Krilin
Adidas = Booboo
Mourazos = Célula


Era un dia nubrado, Goku, coma de costume, estaba comendo ''pementos de padrón''.Cando acabou, decatouse de que xa era hora de ir na procura do mestre Mutenroy.
Cando chegou ó mar, viu unha tartaruga coa que se puxo a falar:
- ¿Sabes onde se atopa a casa do mestre Mutenroy? - preguntoulle Goku
- ¿Ese condenado que só pensa en mulleres? - respondeulle a tartaruga.
- Non zei - dixo Goku con acento de Runaldo.
- Sei onde se atopa; ven canda min - dixo a tartaruga.
Cando Goku chegou á illa onde o mestre vivía, levou unha boa sorpresa ó decatarse de que o mestre Mutenroy estaba a durmir cun gran moco colgado dos fuciños.Cando a tartaruga o espertou, o gran moco esbouroulle na cara e levantouse cheo desa masa viscosa.
Despois de lavarse, preguntoulle a Goku que a que viña, e este respondeulle que viña a aumentar os seus poderes coa súa axuda.
- Está ben, pero cunha condición - díxolle o mestre.
- ¿Cal? - preguntou Goku sorprendido.
- Despois duns días de entrenamento, terás que atoparme os Seté Pesós Maxicós - respondeulle o mestre.
- ¿E que é iso dos seté pesós? - preguntou Goku
- É unha longa lenda - respondeu o mestre - Verás:
''Hai uns miles de anos, un profesor chamdao Funesto, coa axuda do seu amigo inseparable Baboso, creou uns Pesós Maxicós dos que, cando se xuntaban, saía un porco chamado Pumuki que concedia un desexo. Agora os seté pesós maxicós andan esparexidos polo mundo adiante. Diferéncianse dos demais por levar as letras FB, de Funesto e Baboso''
E agora, veña, a adestrar, que o tempo vale moito.


Despois dun mes de adestramento, apareceu unha balsa con dous tripulantes, un calvo e outro con ghreñas. Ó chegaren á illa, a balsa desapareceu e no seu lugar viuse un ghato.
- ¿Que queredes? - dixo o mestre Mutenroy.
- Que nos ensines artes marciais - responderon.
- Teño de abondo con Goku - dixo o mestre.
- ¿E con isto? - e ó dicir isto sacaron unhas revistas de P_T_S.
- Ben... - dixo pensativo Mutenroy - adestrareivos se axudades a Goku a encontrar os Seté Pesós Maxicós.
- ¿Que é iso dos seté pesós? - preguntaron asombrados.
- Xa volo contará Goku no camiño - dixo Mutenroy - Agora vide aquí.
E nada mais dicir isto, achegouse unha nube do ceo e dixo Mutenroy:
- Subide aquí.
Intentaron subir, pero o único que o logrou foi Goku. O mestre, ó ver iso, dixolle:
- A nube Clinton será para ti.
- Gracias - dixo Goku agradecido.
- Ben, a polos Pesós - dixo o mestre con ton de despedida.


Percorreron todo o mundo e atoparon seis Pesós no medio do Furelos, que por Millí pasa, pero non deron atopado alí o sétimo Pesó, polo que preguntaron a un tipo que se parecía a un personaxe histórico chamado ¡¡WALLY!!. Díxolles e insistiulles, acabou polo final e segundo il empezou polo comezo, que se rebobinaba un poquitín decataríase de que o pesó viullo a Vexeta, o tipo máis duro de Millí.
O grupo puxo rumbo cara alá. Ó chegar ó lugar indicado, timbraron e, de súpeto, a porta caeu. Todos se decataron do mal cheiro e miraron cara a Goku, que todo colorado dixo:
- Sintoo, tiña gases e non puiden aguantar.
De repente, unha luss moi brillante cegounos.
Cando conseguiron ver, virun unha silueta musculosa: era Vexeta, o tipo máis duro de Millí.
- ¿Que queredes? - dixo Vexeta con mala hostia.
- O Pesó Maxicó que ti tes - responderon a coro.
- Antes teredes que derrotarme, hou, hou, hou... - dixo Vexeta en ton de burla.
- De acordo - dixo Yancha.
E, dito isto, Yancha saltou por el, pero pronto foi derrotado dunha boa hostia de Vexeta que o colleu de pleno. Ó ver isto, Puar saltoulle ó lombo, pero foi tomar polo cu cun raio solar. Agora tocáballe a Goku, pero tiña tanta fame que non daba loitado, así que foi Krilin, pero, despois de varias horas loitando, decidiron face-las paces e vexeta uniuse ó grupo.
Despois da intensa loita, foron comer á pizzería, na cal Goku acabaría con toda a comida e estafaríaos despois: Alí Vexeta dixéralles que todos os Pesós metéraos na máquina do Metal Eslung 2. E, xa fartos, alá foron á Noela a buscar o Pesó e xogar unha que outra partida. Pero Vexeta rompeu a máquina e o Pesó saíu voando e foi caer nas mans de Célula que dixo:
- Dádeme os Seté Pesós Maxicós que tedes.
- Diso nada, monada - contestou Krilin.
E empezou o gran combate. O primeiro en ser derrotado foi Krilin, polas celuliñas que Célula lle botou.Como Yancha aínda non se recuperara da hostia que Vexeta lle dera, tivo que intervir Goku e empregar o que Mutenroy lle ensinara, como, por exemplo, a Onda Vital, coa que derrotou a Célula quitándolle os collóns, o seu punto débil. Pero cando cantaban victoria, a alma de Célula converteuse nun gran monstro chamado o Gran Booboo e entón Vexeta entrou en acción. Mais ó levaren varias horas loitando en parella con Goku, decatáronse de que o único remedio era fusionarse, dando lugar a Vexetto e cunha Super Honda Vital matárono.
Xa cos Seté Pesós Maxicós invocaron a Pumuki e pediron unha muller para......
CONTINUARÁ .....................................NO PROXIMO INTRES.

KUKA - AMOCACHI
1ºBUP - B



Comentar que a seguinte historia si que é moi boa, pero esta deixa moito que desexar, igualmente gusta lembrar cousas que se fixeron cando éramos mozos.

Bicos pa todos

3 comentarios:

Anónimo dijo...

É moi largo de leer, a ver se mo resumes,jeje

prosy

Parrich dijo...

vai boa, co que me custou escribilo, voucho resumir, si, xa claro.

Anónimo dijo...

Aqui esta la prueba definitiva que eramos de ciencias puras, eso d las letras no era nuestro fuerte, jeje.