miércoles, 16 de marzo de 2011

noticias desde... alá arriba!:) V3

boas familia!

hoxe vou facer a miña entrada en galego pq a morriña apreta!!!!:)
entre tonterías xa levo aquí arriba dende navidades, e teño unhas ganas de comer un bo caldo que nin vos imaxinades:)

en semana santa ireivos facer unha visita, xa collín as vacacións a agora só me falta confirmar a fecha concreta na que chegarei e todo eso...

Non sei se o sabiades, pero mudeime a unha cidade que está a +-40 km de onde traballo e, inda que me leva 30 min todos os días chegar ó curro (hai autovía), a verdade é que me compensa moitísimo!
ahora vivo en Aarhus, e non está mal de todo!
Comparto piso cunha rapaza española que tb traballa na miña empresa e que é 1 maravilla!
Teño 1 piscina e campos de fútbol xusto en frente da casa, e en 10 min estou no centro na zona de bares e todo eso, así k a melloría é notable!!!

no curro sigo contento, agora rematei o programa este no k estaba metido durante os pasados 2 anos e pasei a ter un contrato "normal" dentro do departamento de Ventas Offshore.
Case todos os clientes cos que traballo son do Reino Unido, inda que hai algún de Bélxica, Alemania...
A miña principal responsabilidade é entender o que o cliente quere de nós e facelo realidade, é dicir, hai unha serie de reunións nas que o equipo do cliente nos di o que espera do proxecto, e a partir de ahi dentro da miña empresa fórmase un equipo dunhas 10 persoas para dar resposta a ese proxecto. Eu son o responsable de que este equipo de xente cumpla o obxetivo de presentar a oferta, e de que está esté "como dios manda"

cunha cervexa na man e con algo de música de fondo explicaríao mellor, así k en semana santa se vos interesa, maréobos un pouco a cabeza co que fago e deixo de facer...

Viaxes, este finde voume a ver a 1 amig a Finlandia, Helsinki!
nunca estiven, vin un voo barato e alá me vou para a sauna!
xa vos colgarei as fotos, se é que a cámara funciona a menos XXX grados:)

1 abrazo e ata pronto!!

javi

3 comentarios:

Parrich dijo...

o que máis che gustou do cambio seguro que foi o de ter a zona de bares a 10 minutos!!!!!!!jejejejeje.
Alegrome moito de que che vaia moi ben e haber se nos podemos ver en semana santa, ainda que o vexo complicado.

Riva dijo...

Q paxa pixa!!!!

Canto tempo!!! O final non puideches vir os carnavales!! unha pena pois tiñas que ver a micho entonado!!!

Mola que fagas estas entradas para saber como andas, molaria que poñas fotos do sitio no que vives e algunha dos viaxes que fas!!! Non señas vago que é tan facil coma facer unha entrada.

Estiven falando con Saez, pois estou trazando unha saida, a miña idea é buscar un voo ata Dinamarka, facerche unha visita e despois subir ata xunto Saez.

En que mes che ben mellor?? Saez dixo que en Julio non porque estará por aqui!!!

Bueno meu falamos!!!

Mola que che vaia ben!! Ten cuidado coas finlandesas que non sei que teran pero conozca varios que probaron unha e xa non se dan destetado!!jeje

Bicos

Dani dijo...

Moi ben Javi!! Asi me gustes que contes como che vai a vida que xa fai tempo que non se sabía nada de ti. Supoño que co conto da mudanza non terías moito tempo.
Alegrome que che vaia tan ben no traballo e que sigas paseando coma sempre, unome a Rubén, unhas fotiños quedarían xenial ó lado das túas crónicas!! jeje.
Unha aperta e ata pronto amigo!!