martes, 9 de febrero de 2010

Varios Gorditos estivemos alí!!


Non puido ser, o Xacobeo Obradoiro Blu:sens rozou a victoria ante o todopoderoso Caja Laboral (ex-Tau) pero rematou perdendo.
O partido foi dominado polos vascos dende o inicio e pronto conseguiron comodas rentas de 10 puntos, sen embargo, tras un espectacular último cuarto no que comezou perdendo por 16 puntos, o Obra chegou a ir 1 punto por diante cando restaba apenas un minuto para o final alentado por unha hinchada ruidosa que non parou de animar ó seu equipo en ningún momento.
Finalmente, tras un mal ataque e unha rigurosa decisión dos árbitros o Caja Laboral levouse o partido por 76-80.

Salientable sobre todo o público que animou sen parar todo o partido, a cantidade de triples que anotou o Caja Laboral, Marc Jackson que fixo un partidazo na súa despedida da afición e a velocidade de xogo de asistencias e canastas en varias fases do partido.
Ruben, Rober, Saez, Croke e un servidor fomos testigos deste choque ACB que para min mereceu a pena como experiencia e será recordada porque fomos quen de meterlle medo a un tio de 2 metros durante o descanso do choque.
Dani

2 comentarios:

parrich dijo...

unha pena que non se conseguise a victoria, pero alegrome por vos por ter conseguido meterlle medo a un tio de 2 metros.xDDDD

Rivadulla dijo...

jeje, de doues metros?eu penso q media tres polo menos jeje, a verdade e q foi unha gran experiencia, ademas para empezar xa fumos a zona vip, mais non se pode pedir!!