viernes, 26 de febrero de 2010

Arre demo con Rosa Díez!

Rato vello non cae na rateira. Pero a Rosa Díez pódenlle as présas e peca de inocente. "Galego no sentido máis despectivo da palabra", así definiu a voceira de UPyD ó presidente José Luis Rodríguez Zapatero. Coma se os galegos fórmasemos unha raza de desconfiados, armados con zocas e durmindo cos raposos. Aínda que onte a política de cabelo loiro quixo facerse a de Covas. Falando en ferrolán, intentou desviar a atención: "Chameille galego a Zapatero dun xeito coloquial, ninguén sabe se soube ou baixa, o que vai ou non vai facer". A isto chámaselle remendar as cousas, ¡claro que si!

Segundo Díaz, os galegos non lle chamamos ó pan, pan, e ó viño, viño. Seguro que ela viu a famosa campaña publicitaria e pensa que aquí evadimos calquera compromiso cun "¡malo será!". Ela vive naquel mundo retratado por Rosalía de Castro hai xa século e medio: "Din que na nobre Castilla/ así ós galegos se trata...". E insiste en que "nunca usou o cualificativo de galego en termos ofensivos". Home, claro, puido tamén chamarlle a Zapatero catalán ou murciano.

Para restarlle tensión ó tema, a controvertida deputada no Congreso intentou empregar os termos agrícolas que tanto nos gustan ós galegos: "Soamente os que teñen mala fe poden ofenderse coas miñas palabras, alguén quixo coller o ravo polas follas, hai un interese desmedido por sacar as cousas de contexto".

Mentres medraba esa mala fe entre os habitantes do Noroeste, entre cunca e cunca de caldo, o presidente Zapatero quixo copiarnos en retranca: "Non son galego pero estaría moi orgulloso de selo e teño un grande aprecio polos galegos".

O leonés de pro quixo tratarnos como algo máis que miñaxoias na busca dunha códea de pan: "Estaría moi orgulloso de nacer en Galicia, é unha terra pola que teño gran aprecio e admiración". No meu barrio a isto chámaselle ser máis listo que un allo: un refrán sen lóxica algunha. Poida que cando Rosa Díez usou o termo "galego" para definir a Zapatero botou man do Diccionario de la Real Academia Española. Ó mellor usou a terminoloxía propia de Costa Rica, "galego como tonto". Ou mesmo a do Salvador, "galego como tartamudo". Poida que a traizoase o subcionscente e empregase o termo de Nicaragua: "El gallego es una especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez".

Presume máis ca un rato nun queixo esta Rosa Díez, coñecida tamén por recuperar aquel pelo frito de Rupert. Pero non é a primeira vez que emprega o noso xentilicio como termo despectivo. Ó propio presidente autonómico tamén o definira como "galego". Alberto Núñez Feijóo aseguraba onte que "non ofende o que quere senón o que pode, o mellor sería que non fixese esas declaracións". Ata cando Gabilondo lle pediu unha definición para Rajoy na célebre entrevista da CNN+, Díez non puido evitar respostar "un galego". Ai como se nota que non andas moito de cañas por Santiago de Compostela! Demasiado ocupada coas manifestacións "en contra da imposición lingüística do galego" Ó rato que non sabe máis dun furado cóllese axiña se está tapado.

2 comentarios:

parrich dijo...

xDDD
non sei de onde sacaches istas estrofas meu, pero son boisimas.
e sobre o que di o toxo diez pois non sei como dicilo sen parecer GALEGO, ainda que non o son de nacemento.

Andradas dijo...

"ZORRA! ",es lo primero que se me viene a la cabeza al verla ..