domingo, 20 de julio de 2008

Crise

Queridos amigos:

Ainda que vos pareza mentira os anos van pasando para todos (a veces de contado e outras veces fansenos eternos) e agora xa imos tendo idade para preocuparnos polo maldito tema da crise economica, porque ainda que non o creades temos a idade suficiente como para que nos afecte, o exemplo máis claro tedelo en min, pois por mor da crise non podo arriscarme a mercar a desexada play3 porque ¿¿¿¿quen me di a min que non me faran falla os cartos que custa para outras cousas mais precisas dentro duns meses????O tema afectanos a todos pois ainda que non teñades unha hipoteca enriba das costas tedes outras cousas (coches, plans de independización), e porque se hai unha crise a xente que estades estudando teredes máis difícil poder atopar curro, e os que estamos currando pode ser que a empresa para a que nos deixamos as costas (sobre todo eu,jejeje) se vaia a pique co que todo iso conleva.
Eu non vos sei de quen será a culpa pero a miña opinión é a seguinte, creo que foi de bush ca súa maldita guerra con Irak, pois dende que o fixo o petroleo non parou de subir e subir, e creo que ese é o problema de todo, o petroleo, pois a sociedade na que vivimos non sabemos vivir sen el, e según teño entendido non moi lonxe teremos que sobrevivir sen el.
Tampouco lle vexo moito sentido buscar un culpable, pois o mellor que se pode facer é argallar unha solución rapida, pois como pechen un par de empresas tan grandes coma MARTINSA-FADESA pode ser que esta crise se converta en algo moitisimo mais forte, digoo porque eu estou viciando unha das urbanizacións máis grandes que estaba construindo a dita empresa, e é impresionante a cantidade de xente que despediron, e outra moita (subcontratas) simplemente se lles dixo que o seu traballo rematara, agora teñen unha urbanización a medio construir ainda que dicir ‘medio’ pareceme moito dicir pois so teran un 30 ou 35% do que vai no plano.
Sen máis, espero non tervos aburrido moito, pero o outro dia Prosy dicia que lle gustaria ver unha entrada que non fose dedicada o deporte asique esta entrada vaille dedicada e se non estades dacordo con este tipo de entradas chamades a Prosy ou dadeslle un par de croques.
Bicos pa todos.

1 comentario:

Rivadulla dijo...

boa entrada gordo,anda que vellos imos oes e cando colgas o video do futbol playa???