viernes, 18 de julio de 2008

Claro que somos Rikiños!!

Cando en Setembro de 1997 comencei o Instituto, non podía imaxinar que prácticamente 11 anos despois varios daqueles compañeiros de clase de 1º de BUP B ían ser os meus grandes amigos.

E é que non pode ser de outra forma porque foron moitas cousas vividas en todos estes anos; ese primeiro ano Micho e Parrado decidiron incorporarse o mundo laboral pero non por iso deixaron de pertencer o grupo, inda que hoxe en día a Parrado non o vexo o que debería.

Chegamos a 2º de BUP, ese foi o meu peor ano academico en Melide pero foi debido a que se comezou a sair e a provar as cerveciñas como ben apuntou Mou ou os cubatillas de licor melocotón con limón no A1 e a subir á tarima da Xanadú. Nese ano chegou a pandilla o terror das nenas, Diego! Jeje...inda que daquelas inda non tiña melena.

Despois de cursar 3º de BUP, en COU deixei de ir na clase dos de Ciencias Puras, abandonei os Ingenieros e os Arquitectos, pero si coincidimos en alguns exames de Selectivo realizados no que meses despois se convertiría na miña falcultade.

Todo moi rápido e xa universitario, os jueves pasaron a ser dia oficial de festa e o sabado, tras descansar o venres, era o dia de contar como nos fora a semana.

E xa sin tempo para pensar, xa casi fai 2 anos que estou no mercado laboral, o que pouco a pouco chegamos todos, eses colegas que salíamos xuntos polo San Roque, polo Caralampio, a Festa do Río, o meu cumple, fin de ano, viaxes a Portonovo...e moitas outras festas que vivimos.

Agora as reunions son mais escasas pero cando se producen son... a hostia!!! Hai que loitar para que isto non remate. PODEMOS!!!

Querovos moito tios!!!

Dani

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Benvido polo blog meu tocallo!Costouche arrancar pero agora espero que sexas mais asiduo. Ainda se che espera una entrada sobre a recesion esta ou a "non crisis" para os que non nos enteramos de nada. Por certo, que recordos! O caso é que agora as xuntanzas, como son tan esporádicas, como que se disfrutan mais!Bueno jefe,pois iso, que benvido!E unome a ti nesa loita!PODEMOS!
Prosy
P.D:eu tamen te quero (pero sen mariconadas eh!)

Anónimo dijo...

Magnifica entrada meu, certo é que non nos vemos o que deberiamos, pero o meu curro eche así e ai dias nos que me gustaria mandalo tomar polo cu por ese tema pero teño que recoñecer que un curro tan facil e bon coma este non creo que o dese atopado.
No tema das xuntanzas estou totalmente dacordo con prosy, que como son tan lonxes no tempo unha da outra disfrutamolas moito mais.
E creo que non fai falla que diga que vos quero, pois todos sabedes que a miña experiencia en extremadura foi moi dura por mor de non poder estar con vos nin de cando en cando.
Bicos pa todos.

Parrich

Anónimo dijo...

Eu tamen vos querooooooo!!jeje oooooooooo Dani matooo lalala o dani matooooo, jeje; que grande entrada meu compañeiro, a verdade e que o tempo pasa cagando ostias!!
Pareceme que foi onte o dia que pasei por riba da moto de croke ca moto e Dany e xa fai 9 anos mi maaa!! O que temos que facer e deixarnos de mamonadas e xuntarnos mais!! polo sur da Galia tamen se vos bota en falta!! Bikiños a todos rapaces!!
Riva.